A U.H.O. (Unión de Hosteleros Ourensás) en colaboración co Concello de Ourense, convoca a 13º edición do Concurso de Pinchos de Outono que se levará a cabo entre o 10 e o 21 de novembro e ten aberto o prazo de inscrición para os hostaleiros da cidade ata este venres 15 de outubro.
Para participar, cada hosteleiro terá que elaborar un pincho que teña como ingredientes productos típicos desta estación do ano como son os cogumelos, as castañas, ou ambos. O pincho terá un prezo mínimo de 2€ e máximo de 3€ para o público que os queira degustar.
Como todolos anos, a participación dos hosteleros nesta iniciativa, que pretende dinamizar o sector, é totalmente gratuita. Para a inscrición deben enviar un mail a concursodepinchosdeourense@gmail.com