EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

A 1ª Festa da Tenreira de San Xoán de Río reúne a unhas 480 persoas

 

Festa arredor da mesa en San Xoán de Río para exaltar a deliciosa carne de tenreira. Unhas 480 persoas participaban no mediodía do 11 de agosto no xantar da 1º Festa Gastronómica da Tenreira, que se celebraba no polideportivo municipal de Río. Esta celebración, que se facía coincidir coa Festa do Emigrante, contaba tamén coa participación de numerosas autoridades, entre elas alcaldes da zona e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

 

 

O custe da entrada era de 20 euros para os adultos e de 12 euros para os nenos menores de 12 anos. Servíase, de man de Mantesil, un menú a base de embutidos ibéricos, costela de tenreira asada con patacas e cunha sobremesa de bica, xunto con bebidas, café e chupitos. Ademais o ambiente estaba animado pola actuación da Charanga Tatoo. E xa pola tarde e noite había festa e verbena coa orquestra Galilea.

 

 

Dende o Concello de San Xoán de Río, o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez, valoraba de maneira moi positiva o resultado deste evento, destacando a cifra de case 500 asistentes e indicando que se trata “do récord dos últimos 20 anos” en asistencia á Festa do Emigrante, que tamén incluía unha parte gastronómica.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button