Tralo éxito de convocatoria do ano pasado, cuxa idea partía de Diego Sarabia e Sergio del Prado e que reunía a 110 xogadores e directivos, a 2ª xuntanza do Club Deportivo Trives celebrarase o vindeiro 20 maio no campo de fútbol O Agro.
Os interesados en asistir (xente que formara e/ou forme parte do club trivés), terán ata o día 15 para inscribirse. A inscrición (30 euros) inclúe detalle, entrada para o xantar e sorteos.
A xornada comezará en torno ás 12:30 horas e igual que o ano pasado incluirá partidos entre os inscritos que queiran xogar e de seguido será o xantar.