AutomobilismoDeportesÚltima hora

A 5ª Subida a Valdeorras-Campionato de España de Montaña celebrarase os días 23, 24 e 25 de xuño

IV Subida a Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os afeccionados ao mundo do motor están de noraboa. Dende a Escudería Valdeorras veñen de anunciar que a 5ª Subida a Valdeorras-Campionato de España de Montaña celebrarase os días 23, 24 e 25 de xuño.

“Nós xa tiñamos a data proposta e estabamos á espera da confirmación por parte da Federación Española de Automobilismo”, explican dende a xunta directiva da escudería que na xornada de onte reuníase para informar da chegada do correo coa visto bo por parte da federación.

Así pois, agora comeza a conta atrás para facer desta quinta edición un evento inesquecible.

 

Artigos relacionados

Back to top button