ConcellosÚltima hora

A AA.VV. San Lourenzo de Arcos non está dacordo coa proposta de instalar a EDAR na zona industrial da vila

A veciñanza desta localidade propuxo unha nova ubicación "lonxe da poboación e nunha zona non inundábel"

Vista parcial de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Por “causas de saúde pública para toda a veciñanza de Arcos, máis da mellora e posta en marcha da zona industrial no chairo do pobo, os veciños desta localidade decidiron non aceptar a proposta do Concello de Vilamartín de Valdeorras máis da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para a instalación da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) na zona industrial do pobo”. Así o aseguran, a través dun comunicado, dende a Asociación de Veciños San Lourenzo que o pasado 3 de febreiro asistía á reunión no concello co alcalde e os técnicos da confederación.

“Logo da xuntanza quedou palpable a postura duns e doutros”, asegura o presidente da AA.VV, Jesús Dorado Noya, “a dos veciños de Arcos, rexeitar a instalación da nova EDAR no chairo do pobo, principalmente por causa de saúde pública dado a proximidade desta zona coas vivendas do pobo (escasos 300 metros); e por outra a do concello máis a CHMS, obstinados en ubicala na zona industrial”.

Dorado Noya asegura que “os veciños de Arcos desexamos unha nova depuradora na que tanto o noso pobo como Córgomo, Baxeles, As Gralleiras, As Bodegas, Valdegodos, as industrias máis outras localidades que no futuro cheguen a mover as súas augas a esta nova EDAR, teñamos a tranquilidade e a confianza de ter realizado os deberes da mellor das maneiras, para que os nosos fillos e netos poidan seguir desfrutando do rural como o facemos nosoutros”. Para iso, a veciñanza de Arcos propuxo unha nova ubicación, lonxe da poboación e cumprindo o requisito da propia CHMS, “que non é outro que non se ubique en zona inundábel”, pubtualizan o presidente do colectivo veciñal.

Artigos relacionados

Back to top button