Moi intenso e emocionante se presenta o fin de curso para a academia Bayadère Danza do Barco de Valdeorras.
Mes e medio despois de que Candela Prada gañara un 2º premio no “Vigo Porté”, varias alumnas da academia volverán competir, desta volta en Ponferrada. Será o domingo 9 de xuño no certame “Más que Arte” e as valdeorresas farán catro bailes: un grupal de urbano, un dúo de ballet clásico, un solo de flamenco e un trío de musicais.
E xa os días 24 e 25 de xuño será o festival de fin de curso, coma sempre no Teatro Lauro Olmo. O broche porano do 27 ao 30 cun campamento de baile ao que irán as maiores.
As fotos (cedidas) corresponden ás bailarinas que competirán en Ponferrada.




