CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Academia de Danza Bayadère (O Barco) organiza unha ‘festa de halloween’ aberta a toda a poboación

 

Aproxímase a data dunha das festas máis esperadas por nenos e adultos, halloween ou samaín, con diferentes propostas a nivel municipal e tamén privado.

No caso da Academia de Danza Bayadère, do Barco de Valdeorras, Nuria Reguera ten preparada unha Festa de Halloween moi especial e aberta a todo aquel que se anime, sexa ou non alumno da escola.

Será o sábado 26 de outubro de 17 a 20 horas e haberá xogos “terroríficos”, desfile de disfraces, sobres sorpresa con regalos e ata merenda, sen esquecer a música e por suposto os bailes.

 

Back to top button