ConcellosÚltima hora

A ACMET entrega dous mastíns a un gandeiro do Macizo Central de Ourense

O uso de mastíns " é fundamental para conseguir un equilibrio que axude a coexistencia entre o gando e os depredadores dende un punto de vista da conservación", din dende esta asociación

 

Dende esta semana Dakota e Nevada teñen un novo fogar. Son dous mastíns que veñen de ser entregados por parte da Asociación para a Conservación do Mastín Español Tradicional (ACMET) a unha gandería do Macizo Central de Ourense, que “coexiste co lobo e pon en valor o labor destes cans no desenvolvemento do seu traballo, todo isto dentro das políticas de axudas á prevención desta Comunidade Autónoma”, tal e como informan dende esta entidade.

Ademais a asociación proporcionará asesoramento ao gandeiro que adquiriu os mastíns durante os primeiros meses, así como pautas para unha correcta adaptación ao novo gando. “Dentro do marco da prevención, o uso de mastíns é fundamental para conseguir un equilibrio que axude á coexistencia entre o gando e os depredadores dende un punto de vista da conservación”, din dende ACMET.

 

 

Dende esta entidade estatal tamén felicitan e agradecen “a implicación dos gandeiros. Neste caso a un socio de ACMET, gandeiro cuxo rabaño está nunha zona complicada da provincia de Zamora, polo seu traballo con estes cans e a súa colaboración neste proxecto, así como ao gandeiro que os adquiriu no Macizo Central de Ourense, unha zona tamén con alta densidade de lobo e na que a gandería desenvólvese si ou si, coa colaboracións dos mastíns de traballo”.

Fotos: ACMET.

Artigos relacionados

Back to top button