BoxeoDeportesÚltima hora

O valdeorrés Andi Canosa loitará mañá co catalán Diego Infante polo título MFC de MMA profesional

O seu combate en xaula -67kg pechará a velada no Hotel y Eventos Paladium, en Vilamartín de Valdeorras

 

Todo está xa listo para a velada de loita en xaula que se celebrará mañá no Hotel e Eventos Paladium, en Vilamartín de Valdeorras da man do Mamba K1 Club de Ponferrada coa colaboración do Club Kickboxing Valdeorras e na que se espera unha gran entrada. “Está o aforo completo” asegura o responsable do club valdeorrés Juan J. Pardo.

El mesmo era o encargado de pesara aos dous púxiles que pecherán a velada loitando polo título MFC de MMA -67kg, o valdeorrés Andi Canosa (Graíño Team O Barco, profesional de MMA que ten o título MFC ademais de gañar en dúas ocasións o Torneo Invictus que se celebra en San Sebastián) e o catalán Diego Infante (Green Brothers). A pesaxe tiña lugar na tarde deste venres 23 de febreiro no Centro Deportivo Valsport.

 

Andi Canosa co seu adestrador Luis Pardo.

 

E mañá, a partir das 20 horas celebrarase a velada que incluirá tamén combates de K1, Muay Thai e Grappling, tanto amateur como profesional, con loitadores chegados dende diferentes zonas de España e Portugal.  Por parte do Graíño Team, ademais de Andi participará Javier Carriba (Superfight de Grappling) e Felipe Morales (MMA amateur).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información:

Combates en xaula de MMA, Kick Boxing, Muay Tai, K1 e Grappling na velada MFC, en Vilamartín

Artigos relacionados

Back to top button