Valdeorras volverá acoller neste mes de febreiro unha velada de loita en xaula da man do Mamba K1 Club de Ponferrada coa colaboración do Club Kickboxing Valdeorras.
Será o vindeiro sábado 24 no Hotel e Eventos Paladium a partir das 20 horas e incluirá combates de K1, Muay Thai, MMA e Grappling, tanto amateur como profesional, con loitadores chegados dende diferentes zonas de España e Portugal.
Por parte do Graíño Team do Barco participará Javier Carriba, veterano loitador con máis de 100 pelexas en todos os deportes de contacto, que desta volta loitará nunha Superfight de Grappling. Felipe Morales, habitual de boxeo, estrearase nesta ocasión en MMA amateur; e pechando o evento Andi Canosa, profesional de MMA que ten o título MFC ademais de gañar en dúas ocasións o Torneo Invictus (internacional que se celebra en San Sebastián (País Vasco).
Fotos cedidas.