CulturaCulturaÚltima hora

A actriz Lucía Álvarez recitará os versos do novo poemario de Ángel Martínez

Será esta tarde ás 20h. no Ateneo de Madrid na presentación deste libro, titulado “Semillas de amapola. Poesía climática, fotografía y otras reflexiones”

A actriz Lucía Álvarez./ Foto: Cuco Cuervo.

 

Tras debutar en 2019 co seu primeiro poemario chamado “Desvelos”, o autor nado en Sanlúcar de Barrameda Ángel Martínez presenta este luns 4 de marzo ás 20h. no Ateneo de Madrid o seu segundo traballo denominado “Semillas de amapola. Poesía climática, fotografía y otras reflexiones” xunto á editorial Kafkian.

A presentación contará coa presenza de Cristina Narbona, quen achega a súa faceta de pioneira na loita climática, de Lucía Álvarez, actriz natural de Mouruás (San Xoán de Río) que recitará algúns dos poemas da obra e Farid Bentria, que desde a súa óptica mixta tangerina e granadina, será o moderador do evento.

As sementes deste novo libro representan de maneira polisémica a capacidade da mapoula de relaxar pola súa orixe opiáceo, pero tamén unha semente onde crecer nos lectores e lectoras varias reflexións, entorno ao amor nas súas distintas vertentes ou á influencia que ten o clima e os fenómenos na actual forma de vivir.

O autor inclúe tamén fotografías feitas por el mesmo para lograr que os poemas teñan un contexto visual, incluso algúns do mesmo momento e lugar onde foron creados.

De familia de exiliados políticos en México, o autor tamén fai un exercicio de memoria e relaciona eses campos de mapoula coa funesta memoria dos desaparecidos en España durante o golpe de estado e a Guerra Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button