
A actuación do Mago Teto en Viana do Bolo contará con dous pases adicionais debido á alta demanda de localidades. O evento “Unha noite no Castelo”, programado para o vindeiro venres, 14 de agosto, tamén se celebará o luns, día 17, con pases ás 21:00h e ás 23:00h na mesma ubicación.
O espectáculo terá ilusións, efectos visuais e mentalismo, coa particularidade de que o público non participará activamente, senón que a maxia sucederá nas súas cadeiras. As localidades poden reservarse a partir de hoxe, 11 de agosto, e ata o venres 17 a través do número de teléfono 988 340 120 en horario de 09:00h a 14:00h. Aceptaranse reservas ata completar o aforo.