En portadaÚltima hora

A Adega D’Fran de Vilachá inaugura a XLIV Feira do Viño de Amandi, en Sober

Nesta edición, que desenvolverá do 22 ao 24 de marzo, poderá catarse os viños de 22 adegas desta subzona da D.O. Ribeira Sacra

 

Co xa tradicional corte de bacelos inaugurábase de xeito oficial na tarde deste venres 22 de marzo a XLIV Feira do Viño de Amandi, que se celebra nesta fin de semana en Sober e coa se culmina un intenso programa do “Mes do Amandi”. A inauguración corría a cargo da Adega D’Fran, de Vilachá de Doade, en homenaxe ao seu fundador, José María Díaz Vázquez, quen faleceu en decembro aos 95 anos de idade.

O acto contaba coa presenza do conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, así como do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.

O conselleiro puxo en valor a calidade dos viños de Amandi en particular e da Ribeira Sacra en xeral, así como dos que se producen no conxunto de Galicia. Unha excelencia que, subliñou, “é froito do traballo e a profesionalidade de viticultores e adegueiros, agrupados nos consellos reguladores”.

Nesta mesma liña, José González valorou a ampla traxectoria desta celebración, que acada xa a súa edición número 44 e que, segundo trasladou, é un referente entre os eventos de exaltación do viño dentro e fóra da nosa comunidade,o conselleiro puxo en valor a calidade dos viños de Amandi en particular e da Ribeira Sacra en xeral, así como dos que se producen no conxunto de Galicia. Unha excelencia que, subliñou, “é froito do traballo e a profesionalidade de viticultores e adegueiros, agrupados nos consellos reguladores”.

Nesta edición da mostra o público poderá catar as referencias dun total de 22 adegas da Subzona de Amandi da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Tras o acto inaugural, que tiña lugar ás oito, a feira seguía coa actuación da Banda de Música Folk de Ribas de Sil e, xa ás dez e media, está previsto que toque a Charanga Festicultores Troupe.

O programa continuará mañá, 22 de marzo, coa apertura do recinto feiral ás 11h. Unha hora despois actuaba o Grupo de Música Tradicional Rechouchíos de Taboada, ás 17h. comezará a Precata Oficial. A música continuará ás 18:30 horas cun concerto da Banda de Música de Sober, logo ás 20h. soará a Charanga Louband de Sarria e ás 23h. actuará a banda Gin Tonic’s na Praza do Concello.

Adegas participantes na XLIV Feira do Viño de Amandi

A MAN DE PRADO BOLMENTE
ALGUEIRA FRANCOS-DOADE
BARBADO PROENDOS
CIVIDADE OUTEIRO-BOLMENTE
CRUCEIRO VILACHÁ-DOADE
DON BERNARDINO CIMA DE VILA-BROSMOS
ESTRELA VILACHÁ-DOADE
FINCA CUARTA OUTEIRO-PROENDOS
GUÍMARO SANMIL-BROSMOS
GULLUFRE A AIREXA-LOBIOS
LUCENZA CORVELLE-PROENDOS
MALCAVADA ROSENDE
MARCELINO I A CARQUEIXA-PROENDOS
PETRÓN DOADE
PROENCIA SANXILLAO-PROENDOS
RECTORAL DE AMANDI AMANDI
RECTORAL DE GUNDIVÓS A AIREXA-GUNDIVÓS
REGINA VIARUM DOADE
SOUTELO LAMAS-BULSO
TEAR SUAIREXA-FIGUEIROÁ
VAL DA LENDA CANTON-AMANDI
VIÑA FRIEIRA VILACHA-DOADE
VIÑA PEON O BARRIO-FIGUEIROÁ

Artigos relacionados

Back to top button