
O VII Encontro Xacobeo Peregrinas terá lugar o xoves día 23 no Eurostars Pazo de Sober (Sober) ás 18:00h. Trátase dun ciclo de encontros gravados en distintos escenarios da xeografía galega promovido pola Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo xunto coa Consellería de Emprego e Igualdade, e incluído dentro da programación Xacobeo 21-22.
Neste VII Encontro contarase, de maneira presencial coas seguintes convidadas: Xiana Domínguez, enxeñeira agrícola de Trives; adegueira e viticultora.Sabela Maneiro, integrante do grupo As Tanxugueira; Mamen Quitas, de Ficción y Producciones. Ademais, participará, a través dunha peza de vídeo Victoria Veguín, escritora e catedrática de matemáticas.