ConcellosÚltima hora

A Administración de Loterías do Barco dá o segundo premio da Lotería Nacional

O establecemento vendeu por ventanilla seis series do Nº 19116 premiado no sorteo de hoxe, 7 de setembro

Fachada da Administración de Lotería do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nin máis nin menos que seis series do Nº 19116 da Lotería Nacional, ganador do segundo premio no sorteo de hoxe, 7 de setembro, vendía a Administración de Loterías do Barco de Valdeorras.

Tal como informan dende o establecemento barquense de Loterías e Apostas do Estado, as series foron vendidas por ventanilla a xente de Valdeorras, Trives e Quiroga. “Clientes que adoitan levar ese número”, din, repartindo un total de 1.500.000 euros.

Os sorteos da Lotería Nacional, un dos máis antigos de España, teñen lugar os xoves ás 21 horas e os sábados entre as 13 e as 14 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button