En portadaÚltima hora

A AECC sae á rúa en Valdeorras con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama

 

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, que se celebra neste 19 de outubro, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense vén saír á rúa coa campaña “O rosa é máis que unha cor”. Entre as mesas informativas que se instalarán esta mañá na comarca de Valdeorras estarán as do Barco e A Rúa.

A través desta campaña amósase “todo o que se conseguiu co movemento rosa internacional e o que aínda queda por facer. E é que, detrás deste movemento rosa hai moita investigación, apoio e concienciación e conseguiuse que o cancro de mama sexa un con maior supervivencia, superior ao 85%. Detrás de rosa hai pacientes, familiares, coas súas necesidades, as súas preocupacións e as súas vivencias. Persoas que se enfrontan ao gran impacto social, laboral e emocional que provoca esta enfermidade. Aínda queda moito por facer xa que, seguen existindo desigualdades que afectan as mulleres con este tipo de tumor, por exemplo as que se lles diagnostican un cancro de mama metastásico. Ten unha taxa de supervivencia en torno ao 25% e supoñen entre o 5% e o 6% dos diagnósticos de cancro de mama”, tal e como sinala a AECC en Ourense.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button