En portadaÚltima hora

A afección barquense acompaña aos júniors do MV Barco na final dos play off polo título de liga

Perdían por un axustado 44-43 no contra EDO Blanco Amor no pavillón Salesianos, en Ourense

 

Estiveron a piques de conseguilo e finalmente perdían por 1 só punto. Co 44-43 remataba o partido da final de baloncesto dos play off polo título de liga na segunda división galega entre o EDO Blanco Amor e MV Barco disputado este domingo no pavillón Salesianos, en Ourense.

 

 

Con esta derrota, tras a vitoria de onte no Barco 60-42 contra Depordima, o equipo barquense convertíanse así en subcampión da liga sendo arroupado por numeroros afeccionados que se desprazaban ata a cidade das Burgas para ver a final.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button