Dende o 19 de abril e ata o 16 de xuño a Fundación Vicente Risco de Allariz acollerá a Exposición Fotográfica Colectiva anual da Agrupación Fotográfica FotoSíntese de Ourense expón a súa Exposición Colectiva “Mans que falan”.
A mostra, que será inaugurada mañá vernres ás 20 horas, está formada por un conxunto de 26 imaxes, tanto en cor como en branco e negro, doutros tantos autores. Unha colección de fotografías que teñen como fio conductor transmitir o poder das mans como unha linguaxe que por si mesma ten forza de abondo como elemento de comunicación e que, noutras ocacións, acompañando ás verbas as reforzan e visibilizan de xeito máis nidio sen ser conscientes delo na maioría das ocasións.