SanidadeÚltima hora

“A alerxia á proteína de vaca é a máis frecuente en menores de 1 ano”

A enfermeira Maite Álvarez abordaba como manexar este tipo de alerxia na charla da 10ª Semana da Lactación Materna no Barco

 

“A alerxia non é unha enfermidade, deberiamos normalizar a vida dun alérxico”, dicía a enfermeira Maite Álvarez ao inicio da súa charla sobre “a alerxia á proteína de vaca na infancia”, que impartía na tarde do 3 de setembro no marco da X Semana da Lactación Materna do Barco. Deseguido explicaba en que consiste exactamente esta alerxia. “É unha reacción adversa non desexada de orixe inmunolóxica que presentan algunhas persoas cando toman leite, derivados lácteos ou alimentos preparados que levan leite ou ou derivados na súa composición. Pode aparecer por tocar leite ou derivados, ou por contactos indirectos a través doutras persoas. É a alerxia alimentaria máis frecuente en menores de 1 ano”.

Tamén detallaba os compoñentes do leite e diferenciaba entre os conceptos de intolerancia e alerxia. Ademais, Maite Álvarez contaba como comezaba a alerxia do seu fillo, como foi a súa evolución e en que punto está agora. Así mesmo, explicaba o manexo desta alerxia en casa, precaucións, reintrodución do leite, etc.

 

 

Esta era a primeira charla do programa da 10ª Semana da Lactación Materna do Barco, organizada pola Asociación De Nai a Nai, que se iniciaba na mañá de onte cun obradoiro infantil. O programa continuará o mércores 5 de outubro ás 17:30h. da man de Antía Fernández, enfermeira e asesora de lactación, que abordará o tema da extracción e conservación do leite materno. “É algo que a priori parece sinxelo, pero que sempre xera dúbidas. Preguntas como por que os compoñentes do leite sepáranse no leite extraído?, se fai moita calor, podo deixar o leite o mesmo tempo a temperatura amiente?… Este tipo de cuestións quedarán resoltas tras esta exposición”, adiantan dende a organización.

Estas tres actividades son gratuítas e desenvolvénse no local da Asociación De Nai a Nai, situado na rúa Academia Dequidt, nº 6, 4º andar (edificio da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán).

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button