EconomíaEconomíaÚltima hora

A ameaza da avispilla do castiñeiro propágase por España

O sector galego da castaña vén de participar en Madrid nunha reunión da Rede Estatal do Castiñeiro para abordar este grave problema
Imaxe da reunión da Rede Estatal do Castiñeiro en Madrid.
Imaxe da reunión da Rede Estatal do Castiñeiro en Madrid.

Ante a recente detección na provincia de Málaga do Dryocosmus kuriphilus, máis coñecido o como a avispilla do castiñeiro, a Rede Estatal do Castiñeiro celebraba unha reunión de urxencia o 22 de maio en Madrid, na que participaban a IXP Castaña de Galicia e a Asociación de Productores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia (Proagrosilga).

A presenza deste insecto en territorio español “confirma a importante estensión da praga por diferentes zonas do territorio nacional e a necesidade urxente de establecer medidas que minimicen a súa rápida propagación e o control inmediato desta especie invasora, orixinaria de China pero que leva presente en Europa desde 2002, ano no que foi detectado por primeira vez en Italia”, segundo se informa dende o sector.

No decurso da xuntanza a Rede Estatal do Castiñeiro acordaba pedirlle ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a posta en marcha de medidas que contemplen, entre otras cuestións, “unha estratexia de erradicación e control desta especie invasora de forma coordinada coas diferentes comunidades autónomas, así como a execución de medidas efectivas para elo, incluída a execución dun programa de control biolóxico”, único método que se ten revelado eficaz ata hoxe no control da avispilla.

Asemade, dende este órgano estatal incídese na “urxente necesidade de adopción de medidas para non perder un tempo precioso unha vez que se declare a praga. A experiencia acumulada nas rexións de Italia ou Francia nos pasados anos debe aproveitarse para minimizar as afecciones en España”.

Este insecto detectábase por primeira vez en España no ano 2012 en Cataluña, onde xa afecta a máis de 40.000 ha.

Foto: Rede Estatal do Castiñeiro.
Máis información na vindeira edición de xuño do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button