CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A ANPA Aturuxo prepara un espectacular fin de curso no CEIP Julio Gurriarán do Barco

Os cativos desfrutaron coa actuación de Ce Orquestra Pantasma e recibiron un zapatilleiro personalizado como agasallo para o verán

 

O 2020/2021 foi sen dúbida un dos cursos máis duros vividos nos últimos tempos, por culpa da pandemia de coronavirus que obrigou a anular as actividades previstas e manter unha serie de medidas de seguridade sanitaria que dificultou o labor dos profesores e condicionou aos escolares. Por iso, aproveitando a considerable melloría na situación sanitaria, dende a ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán están empeñados en facer que o final de curso sexa memorable e deixe un bo sabor de boca nos pequenos, cunha serie de actividades a desenvolver entre esta e a vindeira semana.

 

Twister pintado no chan.

 

Unha delas é a colaboración na pintura no chan do patio de diferentes xogos. “Os profesores pintaron varios e nós pintamos un Twister e un Caracol, tendo en mente pintar algún máis”, explica a presidenta da ANPA Mireia Rodríguez. Ela mesma conta que tamén están preparando a decoración (que a tormenta estropeou hai un par de días), para o final de curso. “É unha especie de praia que fixemos para os nenos usando cartóns e materiaos reciclados, cousas que temos por casa. Pouco gasto e moita reciclaxe”, puntualiza Mireia.

 

Xogo do Caracol pintado no chan.

 

Con todo, a actividade estrela tiña lugar este mércores 16 de xuño: a actuación sorpresa de Ce Orquestra Pantasma, desfrutando dun día de festa, bailando, gritando, saltando, cantando… algo que sen dúbida necesitaban. “Os nenos baizaron por turnos de Infantil e Primaria, todos con mascarilla, ao aire libre, mantendo a distancia co músico e demais protocolos”, explican dende a ANPA engadindo que ademais entregaron un agasallo aos nenos para as cacacións. “Démoslle un zapatilleiro personalizado co nome de cada un e chuches, para colaborar con algo útil xa que para ir ao outro pavillón teñen que levar outro par de zapatillas”, puntualizan.

 

O agasallo que o ANPA Aturuxo fillo aos nenos.

 

Por se iso fose pouco, agora a ANPA está preparando a decoración para as graduacións de Primaria e Infantil que serán os días 21 e 22 de xuño. Nesa mesma semana, o luns, acompañarán aos de Sexto de Primaria que pasarán ao instituto no vindeiro curso, nunha andaina ata o Mirador de Alixo onde lles darán o xantar.

Fotos e vídeo cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button