EconomíaEconomíaÚltima hora

A aplicación Ourentónomo, orientada aos autónomos da provincia, preséntase en Valdeorras

O acto tiña lugar esta mañá na Casa Grande de Viloira (O Barco)

 

Este martes 21 de novembro comezabao ciclo de presentacións da nova aplicación Ourentónomo da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA), desenvolta pola empresa ourensá DixitalGou. Dita aplicación, creada para os autónomos da provincia, busca facilitar a obtención de documentación e información de relevancia, con especial interese para os autónomos rurais e as mulleres autónomas. O primeiro acto tivo lugar ás 13:45 no Salón de Actos da Casa Grande de Viloira (O Barco). Colaboraron con esta iniciativa a Deputación de Ourense e AEVA (Asociación de Empresarios de Valdeorras).

Á presentación asistiron María del Carmen González Quintela, deputada e degada especial para Valdeorras da Deputación de Ourense; Araceli Fernández, presidenta de AEVA; David Martínez Alonso, presidente de AEPA, e Ana Noguerol Fernández, responsable de Marketing e Comunicación de DixitalGou.

Ao final do acto, os asistentes puideron acceder á aplicación Ourentónomo cos seus propios dispositivos e comprobar a súa funcionalidade, ademais de resolver as súas dúbidas e iniciar un espazo de networking para dialogar sobre as necesidades e retos dos traballadores por conta propia.

 

 

“Ourentónomo é unha aplicación multidispositivo gratuíta que facilita a obtención de información crucial e relevante para todo traballador por conta propia. Os usuarios rexistrados terán acceso a contido e recursos variados, ferramentas de colaboración, formación, un módulo de calendario sincronizado con datas relevantes e un espazo no cal a comunidade poderá xerar todo tipo de sinerxias entre os seus colaboradores”, segundo os promotores da iniciativa.

Durante os próximos días, terán lugar o resto de presentacións no Carballiño (21 de novembro ás 20:00), Allariz (22 de novembro ás 13:45), Verín (22 de novembro ás 20:30), Xinzo de Limia (23 de novembro ás 14:00) e, como broche final do ciclo, no Próximo Espazo en Ourense (23 de novembro ás 20:00).

Artigos relacionados

Back to top button