Neste mércores a Área do PAC de Trives (que inclúe aos concellos de Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río) contabiliza untotal de 16 casos activos de Covid (datos da Consellería de Sanidade, actualizados ás 18h. de onte), a mesma cifra que a rexistrada o martes.
Dese total, 4 positivos están no municipio de Manzaneda (2 menos que onte), que chegaba a acadar os 49 casos activos o 4 de marzo, iniciando a partir de aí un descenso continuo ata chegar á actual cifra de 4.
No caso de Trives experiméntase unha leve subida con 12 positivos, 2 máis que onte.
San Xoán de Río continúa libre de coronavirus e non rexistra ningún caso dende o pasado 14 de febreiro.