ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives rexistra 36 positivos de Covid, 26 menos que o pasado venres

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Importante descenso nos casos activos de coronavirus na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río. Neste martes 12 de abril suma 36 positivos (actualizados ás 18h. de onte), o que supón 26 menos que o pasado venres, o último día no que a Consellería de Sanidade fixo públicos os datos.

Baixa a cifra de contaxios activos en Manzaneda con 3 positivos (1 menos que o venres), na Pobra de Trives con 5 (3 menos que o venres) e tamén en San Xoán de Río que é a que rexistra unha maior baixada situándose nos 28 positivos (22 menos que o venres).

Artigos relacionados

Back to top button