SanidadeÚltima hora

A Área Sanitaria ourensá di que “as gardas de xinecoloxía do HPV están cubertas polos profesionais do propio hospital”

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de emitirse un comunicado de prensa en resposta ás manifestacións realizadas na concentración desta mañá por parte da Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras.

Así, dende a xerencia da área ourensá asegúrase que “as gardas do Servizo de Xinecoloxía están cubertas polos profesionais do propio hospital. En canto a reumatoloxía, como ben saben na Comisión de Centro, o especialista estivo de baixa e reanuda mañá as súas consultas no hospital de valdeorras. Asemade, tanto as gardas como a actividade programada de Cirurxía está cuberta por profesionais do Servizo de Cirurxía da Área Sanitaria sen incidencias e dacordo coa programación cirúrxica prevista”.

Finalmente, dende a área sanitaria ourensá considérase que “é lamentable que se faga mención de xeito sesgado ao traslado a petición propia dun paciente que solicitou ser intervido no Hospital de Monforte por motivos familiares. Algo que se facilita sempre que é posible, sobre todo tendo en conta que se trata dun centro da rede hospitalaria pública do Servizo Galego de Saúde”.

Artigos relacionados

Back to top button