CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A arpista Ana Crismán encandila ao público no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Exótica no mundo musical en xeral e tamén no do flamenco, a artista xerezana Ana Crismán, é a primeira e a única persoa a nivel mundial que interpreta e compón flamenco con arpa. Percorreu distintos países como Francia, Bélxica EE.UU.,Reino Unido, Paraguai entre outros. No concerto que ofrecía no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil), transitaba polos oitopaus do flamenco coa sua arpa establecendo unha total empatía co público dende o primeiro momento.

O alcalde de Parada de Sil Aquilino Domínguez dirixíase aos asistentes para saudalos e agradecía aos patrocinadores o concerto, así como á empresa Shelly Artr por traer artistas deste nivel a este concello a Ribeira Sacra.

 

 

Esta actuación colgaba o cartel de completo con lista de agarda dende fai varios días. As composicións que interpretaba a artista son obra súa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button