CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova volve organizar un curso de informática para os seus socios

Comezaba a impartirse en marzo na sede desta entidade barquense e terá unha duración de dous meses
Curso de informática que se está a impartir dende a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova./ Foto cedida.

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Cultural O Mosteirovde Vilanova (O Barco) organiza un curso de informática destinado a todos os seus socios. Esta acción formativa comezaba a impartirse en marzo na sede da entidade (nas antigas escolas de Vilanova) e terá unha duración de dous meses. As clases desenvólvense unha vez por semana, os venres de 16h. a 18h., e o curso “está resultando todo un éxito”, indican dende a asociación.

A través destes cursos os asistentes poden coñecer e familiarizarse coas nocións básicas “dalgo tan cotiá como son as ferramentas informáticas e a súa utilización a nivel básico de usuario (manexo de correo electrónico, funcións básicas de inicio de Word, etc.)”, matizan dende a Asociación Cultural O Mosteiro.

A realización deste tipo de cursos de formación é posible grazas á colaboración da Deputación de Ourense e ao Concello do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button