OurenseÚltima hora

A Asociación Cultural Rebulir adapta o Entroido ao interior das casas

Do 13 ao 16 de febreiro organiza online o Entroido Indoor

 

Co obxectivo de manter viva a celebración do Entroido neste 2021, onde polas restriccións derivadas do Covid-19 terá que desenvolverse na casa e coas persoas convivintes, a Asociación Cultural Rebulir con sede en Ramirás organiza para esta fin de semana unha versión virtual desta tradicional celebración: un Entroido Indoor.

O programa, que se desenvolverá do 13 ao 16 de febreiro, contén un obradoiro de elaboración de mecos virtuais ou tipo collage, que logo serán colgados nas ventás, balcóns ou portas das casas. O Martes de Entroido haberá un concurso de disfraces á moda antiga “con vestiario que se atope os fogares, tal como se facía antano, reciclando aquela roupa estrafalaria ou curiosa que se gardaba no fondo do armario”, puntualizan dende a asociación. Ese día pola tarde tamén haberá un baile amenizado por Cé o Home Orquesta, e que será emitido en aberto pola canle de Youtube de Rebulir.

Mais información en Rebulir.com.

Artigos relacionados

Back to top button