
Despois da organización das Festas de San Roque e diferentes propostas para o mes de agosto, dende a Asociación Cultural Sabugueiro, da Rúa Vella, están dispostos a continuar organizando actividades tanto culturais como de lecer para dinamizar a vila.
Pero iso require cartos, por iso buscaron unha boa forma de financiación na que tamén pretenden implicar á poboación, convocando o I Concurso de deseño de camisetas. “Buscamos un deseño orixinal vinculado con A Rúa Vella para a elaboración de camisetas que se comercializarán durante todo o ano 2020”, explican dende a asociación.
O deseño gañador darase a coñecer durante o Magosto 2019 que se celebrará o 26 de outubro, así como a través das redes sociais e correo electrónico. O premio será dúas entradas para vindeira edición da Festa da Empanada de Costrelas e unha camiseta.
Os orixinais hai que envialos por correo electrónico a: asociacionsabugueiro@hotmail.com