OurenseÚltima hora

A Asociación de Amigos da República de Ourense organiza unha mostra de carteis e unha conferencia sobre Alejandro Viana

 

A Asociación Amigos da República de Ourense vén de programar diversos actos para este mes de novembro. En concreto, desenvolveranse do 21 ao 30 de novembro no Liceo de Ourense. Entre eles figura a “II Mostra de Cartaces da República Ourense”, cuxa inauguración está prevista para 21 de novembro ás 19:30h. e que poderá visitarse ata o 30 novembro.

A mostra reúne cartei deseñados por artistas e creadores ourensáns e galegos para Amigos da República entre 2000 e 2022: Alfredo Freixedo, Pedro Diéguez, Xaime Quessada, Mané Boán,
Alfonso Costa, Xosé Luis de Dios, Ánxel Huete, Alexandro Zapata, Basallo, Antón Buciños, Xesús Vázquez, César Prada, Arturo Baltar, Pastor Fábrega, Idoia de Luxán Vázquez, Xosé Lois Carrión
e Baldomero Moreiras.

Ademais, para o 30 de novembro ás 20h. está prevista no Salón Nobre. Liceo de Ourense a conferencia “Alejandro Viana. Un galego á fronte do Rescate dos refuxiados republicanos”, a cargo de Roberto Mera Covas.

Artigos relacionados

Back to top button