ConcellosO BarcoÚltima hora

A Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños decora as rúas desta localidade barquense polo Nadal

 

Con moita creatividade e empregando unicamente materiais reciclados e luces, a Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños (O Barco), vén de adornar as rúas desta localidade. En concreto colocábase un belén na praza do Buraco, así como outro nacemento xunto ao cruceiro. Tamén adornaban a zona da antiga escola, engalanaban as árbores situadas xunto á igrexa parroquial e poñían unha árbore de Nadal na parte do Piñeiro.

 

 

Esta é a primeira vez que dende a Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños se poñen mans á obra para preparar esta localidade de cara ás vindeiras datas festivas do Nadal. “A nosa idea inicial era facer unha árbore, pero ao final fumos ampliando e adornando diferentes zonas, todo con material reciclado como botellas ou envases de iogures, entre outras cousas”, explican dende a entidade.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button