A RúaConcellosÚltima hora

A Asociación de Veciños Fontei (A Rúa) celebra o seu “popular e enxebre” magosto

 

Un ano máiis, e xa van 39, na noitiña do martes 31 de outubro a Asociación de Veciños Fontei, no concello da Rúa celebraba o magosto “popular e enxebre”.

 

Vista da praza de Fontei antes do magosto.

 

Como sempre, a participación foi alta na víspera de Todos os Santos onde a amenaza de chuvia cumpríase xa a última hora, logo de “consumir os deliciosos bullotes asados en presencia dos asistentes”, aseguran dende a asociación, destacando que as bicas “endulzaron esta noite cargada de tradición, fomentando a harmonía veciñal. Esta noite dos Santos en que todos estamos presentes, pois ata as lembranzas dos que xa marcharon fanse sentir entre nós na ledicia dos cantares”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button