CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación do Camiño de Santiago por Valdeorras revisa o trazado desta ruta

Está a facer o traxecto dende Ponferrada para ver o estado da a sinalización e a situación da súa infraestructura
Membros da Asociación  Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras que están a facer a ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.
Membros da Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras que están a facer a ruta./ Foto: Carlos G. Hervella.

A primeira etapa comezaba en terras bercianas o 9 de setembro e no mediodía do día 11 chegaban ao Barco e á Rúa. A Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras está a percorrer en varias etapas o Camiño de Inverno para revisar o estado da súa sinalización e da súa infraestrutura. Así o explicaba a súa presidenta, Asunción Arias, que na parada realizada na Rúa destaca o incremento de peregrinos que están a escoller esta ruta xacobea para chegar a Santiago. “Os que están vindo por este camiño están aumentando o seu número con relación ao ano pasado”, dicía.

Neste senso, agradecía a súa decisión de realizar este traxecto e tamén o apoio dos concellos valdeorreses ao Camiño de Inverno. Ao mesmo tempo, lembraba que existen determinados tramos valdeorreses da ruta que presentan problemas e pedía a súa colaboración para poñer en boas condicións eses puntos de cara ao tránsito dos peregrinos.

Tamén adiantaba Asunción Arias que “seguiremos insistindo na oficialización do Camiño. Esta é unha carreira de fondo, debemos ser persistentes e, por parte da asociación continuaremos sendo persistentes, que é á maneira de que podamos lograr que se nos escoite e que isto saia adiante”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button