Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

A Asociación Huellas del Cabrera cumpre coa tradición de colocar o belén no cume de Cruz Mayor

 

A Asociación Cultural e de Senderismo Huellas de Cabrera cumpría o domingo 18 de decembro coa tradicional subida do Belén ao cume da súa montaña emblemática, Cruz Mayor (2024 m).

 

 

A primeira hora da mañá, 18 compoñentes desta entidade iniciaban unha marcha a carón da ermida Virgen del Valle, moi preto de Llamas del Cabrera no concello de Benuza (León) para percorrer 11 km e salvar un desnivel de 1000 m. Deixaban o Belén cerquiña da Cruz colocada en memoria de Manuel, antigo presidente desta asociación.

Ademais dende ese cume mandaban unha felicitación de Nadal en forma de vídeo.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button