OurenseÚltima hora

A asociación “Os chocalleiros de Vilardevós” traballa para recuperar esta figura carnavalesca

Cada martes organiza un obradoiro gratuíto para a elaboración artesanal da carauta deste personaxe tradicional

 

Participantes no obradoiro que está impartindo esta asociación./ Foto cedida pola Asociación “Os chocalleiros de Vilardevós”.

Antano, no tempo do Entroido o chocalleiro de Vilardevós percorría as rúas desta localidade ourensá e perseguía ás persoas que non se disfrazaban co fin de que o convidaran a un viño. Vestía pantalón e camisa de liño, polainas, pano de lazos, unha carauta cunha “mitra” pequena tapada cun pano, catro campás e unha vara cun farrapo na súa punta para asustar e luxar á xente. Así o explican dende a asociación cultural “Os chocalleiros de Vilardevós”, que aposta por recuperar esta figura carnavalesca.

Con ese obxectivo están a organizar un obradoiro, de carácter gratuíto, todos os martes (de 19h. a 20h.) para e elaboración artesanal da súa carauta. Dende a asociación animan “a todos os veciños a que participen neste taller para intentar recuperar a figura do Carnaval en Vilardevós”.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con esta entidade cultural nos seguintes teléfonos: 666 146 377 e 628 318 366.

Artigos relacionados

Back to top button