OurenseÚltima hora

A Asociación Rebulir dona 561 kg de comida e bebida ao Banco de Alimentos de Ourense

 

Ao longo da historia da Asociación Rebulir, os mozos e mozas que a conforman veñen desenvolvendo diferentes iniciativas solidarias, contribuíndo a causas como a doazón de medula, a doazón de sangue, ou a prevención da violencia de xénero. Neste caso fano á recollida de alimentos, pechando na xornada deste 11 de xaneiro, a campaña de doazón que comezou durante as datas de Nadal.

A citada iniciativa está amparada pola organización do Festival Internacional Rebulir, o cal destinou parte do seu presuposto para a adquisición destes produtos. Asemade, tamén se instou a membros da asociación e veciños do Concello de Ramirás a que fosen depositando no Centro Social municipal aqueles produtos cos que quixeran colaborar.  Deste xeito sumáronse 561 Kg de alimentos e bebidas que foron recollidos por persoal do Banco de Alimentos de Ourense, entidade destinataria destes bens.

Artigos relacionados

Back to top button