En portadaÚltima hora

A Asociación Sabugueiro propón unha divertida tarde de Samaín na Rúa Vella

A cita será o 29 de outubro a partir das 17 horas na praza César Conti

Participantes no Samaín da Rúa Vella o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Apenas unha  semana  despois de poñer á venda  as entradas para a Festa do Magosto, a Asociación Sabugueiro da Rúa presenta outra interesante e divertida actividade, centrada nesta ocasión nos máis pequenos da casa.

O vindeiro 29 de outubro celebrarase o ‘Samaín na Rúa Vella’ as partir das 17 horas, cun divertido e “terrorífico” percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os cativos deberán seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”, avisan dende a Asociación Sabugueiro. Ao remate haberá unha gran festa con chocolate para os participantes.

A entrada custará 5 euros e poderá mercarse na tenda O Colmado ata o día 27 de outubro.

Ademais dos cativos que completen os percorridos, a xente que o desexe pode participar como casa colaboradora ou como personaxe terrorífico.

O ano pasado a actvidade foi todo un éxito cun cento de cativos disfrazados percorrendo A Rúa Vella.

 

Artigos relacionados

Back to top button