
Tras o espectacular campionato galego cadete que realizaba no Barco en maio e o título nacional que conseguía hai 15 días coa selección galega, a barquense Belén García Arias afrontará nesta fin de semana o XVII Campionato de España Sub16, que terá como escenario Castellón.
A esta cita acude coa mellor marca do ranking nacional na proba dos 300 metros valados, con 43.73. Na segunda posición deste ranking está Salma C. Paralleullo (Simply Scorpio) con 43.88. Isto demostra as súas claras opcións de completar unha magnífica tempada co título español.
Belén García non será a única valdeorresa nesta competición española. Canda ela estarán Luan Henrique Silva nos 100 mv, Inés Docampo Gamarra nos 1.000 me Lola Bouza Villar na pértega. Serán os catro representantes do Club Adas na proba.