DeportesÚltima hora

A atleta vilamartinesa Eva Arias, ganadora de La Sansi de Viladecans

 

Despois de superar unha lesión no pé, neste outono Eva Arias Aira regresaba á competición. E tras un par de carreiras, volvía subirse ao podio o domingo 8 de decembro en La Sansi 13 de Viladecans (Barcelona). A atleta natural de San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras) vencía nesta proba de 5 km, cun tempo de 00:17:57. Tras ela entraba en meta a australiana Breanna Golub e, en terceira posición, a marroquina Najia Lachhab.

Ademais, na pasada fin de semana Eva Arias tamén corría o Cross Internacional de Granollers onde lograba a 11ª posición, sendo a oitava española da proba, na que ganaban dúas keniatas e na terceira posición situábase unha atleta inglesa. “Este cross era de 8 km, un pouco longo para min, aínda que este tipo de carreiras vanme ben para a miña preparacion de cara ao verán”.

Fotos: Natascha V. Checannikova.

 

Artigos relacionados

Back to top button