DeportesEn portadaÚltima hora

A atleta Xiana Pungín (Adas), subcampioa de España e récord nos 100 m Sub16 en T13

Ademais era quinta na lonxitude nesta cita nacional en Basauri da Federación Española de Deportes para Cegos

 

Apenas un par de semanas despois de participar no Grand Prix Internacional de atletismo (World Para Athletics Grand Prix) en Italia, Xiana Pungín Estévez (Adas Cupa do Barco) acudía a pasada fin de semana ao Campionato de España da Federación Española de Deportes para Cegos. Celebrábase no polideportivo de Artunduaga, coincidindo coa celebración do XXV aniversario do Meeting Paralímpico desta localidade vasca.

Desta volta o bo tempo axudou e permitíu que os participantes na cita, entre eles esta atleta valdeorresa con orixes na Mezquita, lograran récords de España. Así no 100 m feminino Sub 16 conseguíanse dous na mesma carreira: Xiana Pungín batía o T13 cun tempo de 14″21 (récord desta proba e da categoría), e Irene Cerdá, xunto ao seu guía Juanfran Carrillo, facía o propio co T11, cun rexistro de 14″77.

Ademais Pungín lograba unha quinta posición na lonxitude, cunha marca de 4,23.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button