ConcellosO BarcoÚltima hora

A avenida do Bierzo, no Barco, estará cortada mañá 13 de xullo de 7 a 11 horas aproximadamente

Imaxe de arquivo, do inicio das obras.

 

Continúas as obras na avenida do Bierzo, no Barco de Valdeorras. Mañá, mércores 13 de xullo comeza o proceso de asfaltado ou fresado polo que a vía permanecerá cortada desde as 7 ata as 11 horas aproximadamente.

“A ponte teñen que facelo completo, non poden facer un carril e despois o outro”, explica o xefe da Policía Local do Barco, Fernando Lozano, indicando que o tráfico de camións desviarase completamente mentre que os turismos poderán baixar sendo desviados pola rúa O Chao. “Para ir dirección á Cerámica terase que circular por esa rúa e o aparcadoiro tamén estará pechado polo que se roga que non deixen vehículos hoxe nesa zona”, pide Lozano

Artigos relacionados

Back to top button