ConcellosSoberÚltima hora

A banda Carta de Ajuste actuará o 5 de setembro en Sober

O concerto será ás 22:30h, na Praza do Pulpo

O Concello de Sober prosegue coa súa axenda cultural. O vindeiro sábado, 5 de setembro, será a quenda do grupo Carta de Ajuste, que ofrecerá un concerto ás 22:30h, na Praza do Pulpo. Este dúo lucense traballa versións dos anos 80 e 90 pero cun particular enfoque humorístico e facendo uso unicamente da voz, un caixón peruano e unha guitarra acústica. O evento defínese como “O mellor e peor dos 80 e 90 en concerto”.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button