
A praza da Mercé de Verín será escenario o vindeiro domingo 25 de xullo, ás 20h., do espectáculo infantil “A Banda das Apertas”. Nesta nova produción as músicas do creador rues Magín Blanco (acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e María Faltri) conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo desfrutando con eta actuación.
Actuación organizada polo Concello de Verín, dentro do programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A entrada é libre ata completar aforo.