En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Banda de Gaitas As Portelas pecha o concerto de música tradicional do XV Festival Folk & Rock, en Lubián (Zamora)

Publicidade
Pola noite acturarán os grupos de música folk, Galandum Galundaina e Hevia

É grande a expectación que esperta cada ano o Festival Folk & Rock que se celebra a comezos de agosto en Lubián (Zamora), e tampouco este ano defraudou cun cartel de luxo para a XV edición.

O programa abríase na noite do día 5 cos concertos de rock a cargo de Mr. Simon’s Hell e Trogloditas; e continuaba na tarde do día 6 en dúas partes. A primeira, tiña lugar na praza da igrexa coas actuacións de tres bandas de música tradicional: A.C. Gaitas de Baño de Cuntis (Pontevedra), A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e a anfitriona, a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora) da que forma parte o alcalde da localidade, Felipe Lubián.

O prato forte da xornada chegaba xa pola noite coas sesións de folk a cargo de Galandum Galundaina e Hevia.

 

Gaiteiros da B. de G. As Portelas de Lubián, en plena actuación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button