CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda de rock Doc Magoo’s actuará o 25 de marzo no Bravo Lux, na Rúa

 

Doc Magoo’s en concerto.

 

Esta fin de semana volve a música en directo ao Bravo Lux da man da banda de rock Doc Magoo’s que actuará o sábado 25 de marzo a partir das 20h.

Máis de 20 anos rodando polos escenarios avalan a traxectoria desta banda de Monforte de Lemos formada por Franki (guitarras), Piérrez (teclados), Napo (baixo), Pistón (percusión), Luaña (armónicas) e Fran (voz), que versiona aos grandes do rock de todos os tempos. Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional de artistas como Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros.

O Bravo Lux, ubicado na rúa Doutor Vila, na Rúa, é un dos poucos locais que manteñen compromiso e continuidade coa música en directo na comarca de Valdeorras, destacando ademais na contorna por traer a destacados DJ de música urbana. O seu xerente, Javier Ferrer, aproveita tamén para avanzar que de cara a Semana Santa presentará unha “programación espectacular”, con varias opcións de música ao vivo e recoñecidos DJ.

 

O batería de Doc Magoo’s.

Artigos relacionados

Back to top button