CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda Moon Cresta, con baterista valdeorrés, actúa este sábado no Barco

Dará un concerto a partir das 23h. no Café Teatro Bajo 5 no que presentará o seu disco

 

Entre as numerosas actividades desta fin de semana no Barco non faltará a música. Así ás 23h. deste sábado está prevista a actuación da banda Moon Cresta, que está a presentar o seu novo traballo “Civil Fuzz Brigade”.

Actuará no Café Teatro Bajo 5, na zona vella da vila, e as entrada ao concerto terán un prezo de 10 euros.

Esta banda de “rock, funk, fuzz” está formada por catro compoñentes: o vilamartinés Manuel Ares (batería), David “Mr. D” (teclados e voz), Manu Doble L (guitarra) e Antón F. “Piru” (baixo).

Artigos relacionados

Back to top button