ConcellosO BarcoÚltima hora

A barquense Adela Pombo Fernández recibirá a Mención de Honra desta edición da Festa do Botelo do Barco

Foi cociñeira no CEIP Condesa de Fenosa durante case corenta anos

Adela Pombo Fernández.

 

O sábado 21 de xaneiro, despois de dous anos de parón, celebrarase a XXI edición da Festa do Botelo, unha cita gastronómica que xira en torno a dous actos centrais: o pregón e o xantar.

O primero terá lugar a partir das 12 horas no Teatro Lauro Olmo, presentado por Fátima Delgado e musicalizado polo Orfeón Valdeorrés, e terá como protagonistas ao pregoeiro, o actor galego Federico Pérez e a mención de honra que nesta ocasión será á barquense da Proba, Adela Pombo Fernández, cociñeira xubilada do CEIP Condesa de Fenosa.

“Durante 38 anos estivo dando de comer todos os días a 380 persoas”, dixo na presentación a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, explicando que non foi quen puxo en marcha a cociña escolar pero si a cociñeira que máis anos estivo no centro. Con esta homenaxe pretenden recoñecer ese labor, porque pasaron moitas xeracións de nenos e profesores por esas cociñas, poñendo en valor “a esas persoas que traballan moitas veces na sombra”, dixo a concelleira.

 

Adela no comedor do colexio.

Fotos cedidas polo CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button