DeportesÚltima hora

A barquense Conchi Prada, campioa en Máster 3 da Carreira 10K do Maratón Atlántica Coruña

Os valdeorreses Conchi Prada e Paco García, na Coruña./ Foto: Sindo Novoa.

 

A cidade da Coruña acollía o domingo 2 de outubro o IX Maratón Atlántica C42 e Carreira Popular 10K. Nesta última proba de 10 quilómetros proclamábase campioa en máster 3 feminino a atleta barquense Conchi Prada do Club Adas Cupa.

Ademais nesta cita competían outros tres valdeorreses: Diana Martínez que se clasificaba no posto 15º en Máster 2, Pablo Prada que entraba de 35º en Máster 1 e Manuel Ares, 18º en Máster 7.

Por outra banda, o tamén valdeorrés José Manuel García “Pacho” (Adas) tomaba a saída na C42, concluíndo a proba cun sexto posto en Máster 3, mentres que David Márquez quedaba de 29º en máster 2.

Artigos relacionados

Back to top button