
A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de facer pública a lista de atletas seleccionados para participar no Campionato de España do CSD de Campo a través por Autonomías para as categorías Sub16 e Sub18, que se desenvolverá en Pamplona o día 15 de marzo.
A única atleta valdeorresa que figura nela é Inés Docampo (Adas), que formará parte da Selección Galega Feminina Sub18.
“No tocante a resultados, a selección aspira a colleitar algún podio tanto no individual como no colectivo, clasificación esta última onde o ano pasado quedarían as portas logo de ser cuartos tanto na Sub16 homes como na Sub18 mulleres”, tal e como adianta a FGA.