
A artista Lola Doporto, natural de Millarouso (O Barco) vén realizar neste luns unha doazón dunha das súas pinturas ao Servizo de Oncoloxía Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Esta obra instalarase na planta de hospitalización deste servizo no Hospital Universitario de Ourense.
O cadro de Doporto foi recibido polo xerente e o xefe de servizo de Oncoloxía Médica da Área Sanitaria, o tamén valdeorrés Jesús García Mata, así como polo xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial. Ambos agradeceron o seu xesto e destacaron a gran implicación entre o servizo e os seus pacientes, tanto en Ourense como nas Unidades de Verín e Valdeorras, esta última referencia asistencial da autora.
Esta creadora barquense, cun estilo moi persoal e identificativo, vén de recibir a alta por parte de Oncoloxía e as súas obras, moitas delas elaboradas durante o seu tratamento e recuperación dun cancro, podende verse dende primeiros do mes de xullo no espazo expositivo Roberto Verino (Rúa do Paseo de Ourense) en Ourense. Forman parte da mostra “Marionetas” e poderán visitarse ata primeiros do mes de setembro.